Xunta e Deputación impulsarán a atención social e o emprego

    conveniodiputraballo copia.jpg PONTEVEDRA> Ambas administracións asinaron un convenio polo que destinan 5,7 millóns de euros ó impulso das políticas sociais municipais.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_SERVIZOS_SOCIAIS_180712.flv{/flowplayer}

     Os concellos da provincia de Pontevedra van dispoñer de cinco millóns setecentos mil euros para impulsar políticas sociais e de emprego. É a esencia do convenio que acaban de asinar a consellería de Traballo e a Deputación. A maior parte destes recursos irán destinados a potenciar os Servizos Básicos de Axuda no Fogar. A administración galega responsabilizarase de custear este capítulo nos concellos de máis de vinte mil habitantes, mentres que o ente provincial se fará cargo dos municipio de menos de vinte mil habitantes.

    O acordo inscríbese no protocolo xeral que o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo asinou cos catro presidentes provinciais galegos o pasado mes de xuño. A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, tamén lembrou que, a través dunha vía de financiamento paralela, se está a garantir o servizo de axuda a domicilio de dependentes.

    En materia de emprego, a consellería de Traballo destinará dous millóns de euros para contratar a máis de cincocentas persoas desempregadas na provincia. Serán contratos de vinte cinco horas semanais, e con eles darase continuidade ós servizos que actualmente prestan nos municipio sos traballadores do Plan de Emprego da Deputación.

    Redacción Salnés