A Bonoloto volve a deixar un premio millonario en Rianxo

    bonolototaragona_100_170409.jpgRIANXO> Ó parecer o gañador é un veciño da localidade ó que xa lle tocara ó Gordo de Nadal no 2003.

    {flowplayer}barbanza/bonolototaragona.flv{/flowplayer}

    A sorte volveu recalar en Rianxo. Esta vez foi o premio da Bonoloto do pasado martes. O boleto selado na Administración de Taragoña, a mesma na que hai seis anos se repartía o Gordo de Nadal, obtivo seis acertos, dotado cun premio de 65 mil euros. Polo de agora descoñécese a identidade do posible gañador ou gañadores. O único que se sabe é que se trata dun boleto semanal de oito euros. Ese é o prezo das apostas dobres semanais, que permiten participar en tódolos sorteos da Bonoloto de luns a venres. Dende a propia Administración sinalaron de que podería tratarse dun veciño da localidade, aínda que, segundo eles, este dato non era de todo fiable, xa que polo local pasa moita xente de fóra. Ademais do gordo de Nadal do ano 2003 esta Administración de Taragoña xa leva repartido varios premios importantes, entre eles unha Bonoloto agraciada con máis de 120 mil euros e unha Primitiva que deixou ó gañador un premio de 90 mil.

    Redacción Barbanza