Boiro amplía o corpo da policía coa incorporación de dous novos axentes

BOIRO> O concello de Boiro incrementará o cadro de persoal da Policía Local coa incorporación de tres novos axentes. Dous deles xa tomaron posesión da praza esta semana e está previsto que o terceiro o faga nos próximos días.

Trala toma de posesión da praza, os dous novos axentes da policía boirense, terán que completar o período de formación na Academia Galega de Seguridade e incorporaranse como funcionarios en prácticas a partir do dous de xullo.

Coa cobertura desta dúas prazas e a prevista para as próximas semanas o concello vai reforzando o cadro do corpo policial integrado na actualidade por dez axentes, dous oficiais e 5 auxiliares.

O obxectivo é seguir ampliando plantilla ata os 21 axentes que corresponderían á Policía Local de Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí