Ribeira disporá dun módulo cuberto de atletismo

RIBEIRA> Ribeira contará cun módulo cuberto de atletismo e de deportes de combate. A corporación municipal aprobou no último pleno un expediente de creto extraordinario para formalizar o convenio que o Concello terá que asinar coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Os atletas ribeirenses poderán ó fin adestrar a cuberto. A capital barbanzá será unha das localidades galegas na que a Xunta, a través da Secretaría xeral para o Deporte, construirá un módulo cuberto. Segundo o alcalde, Manuel Ruíz, a nova edificación virá a dar resposta a unha vella aspiración dos atletas do municipio, es especial da atleta máis laureada coa que conta Ribeira, como é Ana Peleteiro.

Pero non só iso, segundo o rexedor o nóvo módulo servírá tamén para poder acoller un centro de tecnificación de taekwondo.

No último pleno a corporación municipal xa deu a súa ratificación a un expediente de creto extraordinario que permitirá a formalización do convenio coa Xunta para a construción do novo módulo. Un edificio cun orzamento dun millón de euros dos que o Concello deberá aportar ó redor duns 400 mil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí