A Festa da Orella da Boliña cumpre 15 anos como referente do entroido boirense

BOIRO> O fin de semana de entroido viviuse no Barbanza por todo o alto. Unha das citas festivas máis concorridas foi a Festa da Orella de Porco da Boliña, en Boiro, que acadou este ano a súa 15 edición.

Como cada sábado de entroido, Boiro acolleu unha das súas citas festivas máis tradicionais: a festa da Orella de Porco da Boliña que acadou este ano a súa decimo quinta edición.

A pesar do mal tempo, a carpa instalada na praza de Revelar encheuse de centos de veciños que non quixeron perder a ocasión de degustar este manxar típico de entroido. Ademais de 300 orellas preparadas en distintas racións, servíronse prostres típicos como filloas, orellas de masa ou petronilos. 

A abundante degustación gastronómica foi só o inicio dunha longa xornada de festa na que os boirense sacaron os seus disfraces máis animados. A música correu a cargo do dúo Charada e a Discomóbil Chocolate con Tito Máverik. Durante a festa procedeuse tamén ó sorteo de varias cestas con produtos típicos do entroido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí