Identificado o mozo que bateu contra o cristal dun autobús en Boiro

BOIRO> A Garda Civil logrou identificar ó mozo que bateu onte domingo cun obxecto metálico nun autobús de Monbus en Boiro, causando pequenas feridas ó condutor.

O suceso tiña lugar a primeiras horas da mañá, na rúa Principal.

Ó parecer, despois de preguntarlle ó condutor por unha parada, golpeou co brazo a fiestra do lado do condutor ata rompela e, posteriormente, axudado cunha barra metálica, esnaquizou tamén o parabrisas do vehículo.

Varios viaxeiros que se atopaban no interior do autobús gravaron os feitos cos seus móbiles.

As imaxes recollidas axudaron ós axentes a identificar ó autor, ó parecer un vello coñecido das forzas da orde por outros incidentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí