As mariscadoras de Rianxo retoman as movilizacións

    protestamariscadorasrianxo_200409.jpgRIANXO> Nunha manifestación polas rúas de Rianxo reiteraron a petición de dimisión da directiva do colectivo.

    A protestas, convocada por AGAMAR e UXT, contou co apoio mairoitario das mariscadoras a pé que, unha vez máis, decidiron saír á rúa para poñer de manifesto a súa oposición o modelo de xestión asumido pola directiva da agrupación e da propia confraría.

    Máis de duascentas profesionais secundaron a manifestación que percorreu as principais rúas do casco urbano para finalizar cunha concentración na praza do concello.O principal punto de conflito segue sendo a aplicación do sistema de monte maior nas vendas, decretado ilegal pola Consellería de Pesca pero que o pósito rianxeiro segue a aplicar avalado por un recurso satisfactorio en contra desta resolución.

    {flowplayer}barbanza/protestamariscadorasrianxo.flv{/flowplayer}

    Pero non só a distribución dos beneficios é obxecto de polémica senón que as mariscadoras acusan a actual directiva de non cumprir co seu traballo posto que teñen que realizar o traslado do marisco ata a lonxa en coches particulares, en lugar de poder utilizar o camión da confraría. Por todo isto, esixen a dimisión de toda a directiva e tamén do patrón maior, Baltasar Rodríguez.

    Enfrontamentos verbais

    A pesar de que a mobilización desenvolveuse con total normalidade, a chegada das manifestantes á praza de Castelao estivo marcada pola tensión posto que alí se atopaba a actual presidenta das mariscadores, Vicenta González, que increpou ás mariscadoras polo que se xerou un duro enfrontamento verbal.

    Para a secretaria xeral de AGAMAR, Natalia Laíño, e o responsable de Pesca da UXT, Emilio Bahamonde, a actitude da actual dirixente da agrupación responde a un intento de provocación para rodear de polémica a unha protesta pacífica. T

    rala manifestación, o próximo paso das mariscadoras será a solicitude dunha entrevista coa nova conselleira do Mar, Rosa Quintana, para que medie na solución deste conflito. Mentres tanto, as mariscadoras deixarán en suspenso as medidas de protesta ata coñecer o punto de vista da nova administración.

    Redacción Barbanza