Éxito de participación na Feira de San Marcos con máis de 70 cabalos a concurso

NOIA> Noia volveu vivir unha das súas festas máis tradicionais: o San Marcos. O atractivo principal foi a Feira Cabalar que reuniu a centos de veciños e visitantes. A xornada prolongouse ata ven entrada a noite coa verbena a cargo da orquestra Finisterre e unha discomóbil.

Éxito do público nas festas de San Marcos de Noia que hoxe abrían o programa cun dos pratos fortes. A feira cabalar xunto coa exposición de maquinaria agrícola congregou a centos de asistentes que gozaron dos numerosos espectáculos. Os concursos morfolóxicos, con máis de 70 exemplares participantes,  e as exhibicións de doma centraron a maior parte da atención.

Trala feira foron moitos ós que se lle abriu o apetito, polo que aproveitaron para degustar polbo, churrasco, empanada e demais manxares servidos nas numerosas carpas instaladas por toda a vila. Houbo tempo tamén para a música con actuacións de grupos tradicionais, concertos e orquestras que terán continuidade durante toda a fin de semana.