Multitudinario adeus ó mariñeiro falecido en Escarabote

    marinheirofalecidogavoteira.jpgBOIRO> O corpo sen vida de Jesús Fernández Outeiral apareceu flotando na praia da Gavoteira.

    {flowplayer}barbanza/marinheirofalecidogavoteira.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, no porto de Escarabote ninguén se explicaba as posibles causas da morte de Jesús Fernández Outeiral, o mariñeiro cuxo corpo sen vida aparecía esta pasada fin de semana na praia da Gavoteira. Tratábase dunha persoa moi coñecida na localidade, polo que a súa morte causou unha gran consternación.

    Xornada de pesca

    Segundo fontes consultadas por esta redacción, o falecido saíra a pescar á zona de Cabío, onde posteriormente foi atopado o seu vehículo, e tiña posto o traxe de neopreno, polo que se sospeita que estaba realizando pesca submarina ou unha actividade semellante cando lle sobreveu a morte.

    Funeral

    O seu funeral tiña lugar esta mesma tarde na igrexa parroquial de Santiago de Lampón.

    Redacción Barbanza