Rianxo segue por debaixo dos dez casos activos por covid

RIANXO> Na comarca do Barbanza a situación é, a día de hoxe, bastante favorable. En Rianxo, os contaxios mantéñense por debaixo dos dez casos por cen mil habitantes.

Aínda así o alcalde manisfestou que seguen con precaución o que pode acontecer en concellos limítrofes, polo fluxo constante de veciños duns municipios a outros.

De seguir así a situación covid no municipio, o Concello seguiría adiante coa programación especial deseñada para este Nadal, a excepción da festa de Fin de Ano, que si se suspendería debido ós problemas de organización ante as medidas de restrición impostas polas autoridades sanitarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí