![]()
VIGO> O corpo celebrou o aniversario cunha xornada de portas abertas para que a xente puidese coñecer os seus equipamentos. O público incluso presenciou un simulacro de rescate no mar dende o helicóptero Pesca I.
{flowplayer}images/salnes/PESCA 1.flv{/flowplayer}
Camillas, equipo médico, salvavidas, o Pesca I e un grupo profesional e adestrado. Esta mañá todo estivo disposto no peirao de transatlánticos do porto vigués. O servizo galego de gardacostas quixo celebrar o seu vinte aniversario amosando ó público o que mellor saben facer. A preparación persoal e o traballo en equipo, son os piares para o seu traballo, o que os converte no equipo de rescate punteiro en España e un dos mellores do mundo.
Detrás destes actos, existe moito tempo dedicado a un esixente adestramento. Hoxe en Vigo facía sol e o mar estaba en calma, unhas condicións que raramente se ven cando os seus servizos son necesarios.
Coa xornada de portas abertas e o simulacro, os gardacostas achegaron o seu labor ó público concentrado no peirao. A televisión e as películas son os principais referentes da xente para pensar no labor deste servizo que, sen embargo, non decepciona en directo.
Pese ó seu esforzo, os gardacostas tamén teñen que afrontar a cara máis dura do seu traballo, cando o rescate non é suficiente para salvar unha vida. Para estas vítimas, o corpo tivo hoxe un recordo. Un membro do equipo deixou unha coroa de flores no mar, en memoria das persoas que faleceron. Un emotivo peche para a conmemoración duns 20 anos de éxitos.
Redacción Salnés









