A sucursal do BBVA en Palmeira é vítima dun atraco

    atracopalmeira_100_280509.jpgRIBEIRA> A sucursal do BBVA en Palmeira foi escenario esta mañá dun atraco. O suceso causou gran expectación na parroquia.

    {flowplayer}barbanza/atracopalmeira.flv{/flowplayer}

    Todo aconteceu moi á présa. Tanto que, de non ser pola multitudinaria presenza policial, os veciños non se terían nin percatado do atraco. Nin sequera o mozo que vive enriba da sucursal observou nada raro ata que chegaron as forzas de seguridade.

    Despregamento policial

    Segundo informaron testemuñas presenciais, o primeiro en sospeitar de que algo raro pasaba foi un repartidor ó observar que a oficina permanecía pechada, cun cartel na porta que indicaba que non abriría ó longo de toda a mañá. Inmediatamente despois, os veciños observaron como comezaban a chegar vehículos policiais e os axentes accederon ó interior do banco.

    Durante toda a mañá, axentes da Policía permaneceron traballando no lugar dos feitos, tomando fotografías da escea do suceso e interrogando ós veciños pero polo momento non quixeron desvelar máis detalles sobre a investigación.

    Outros sucesos

    O suceso espertou unha gran espectación entre os habitantes desta tranquila parroquia que, durante a noite, tamén rexistrou unha serie de actos vandálicos. Unha ducia de vehículos, que permanecían estacionados na praza da igrexa, sufrirorn diferentes danos como rascaduras e roturas de cristais. Tamén en Boiro, a noite estivo movida con varios incendios en contedores e diverso mobiliario urbano que remataron con cinco persoas detidas.

    Redacción Barbanza