A chuvia non desloce a festividade de Corpus

    RIANXO> As rúas de moitas localidades da comarca do Barbanza luciron onte domingo máis fermosas que de costume grazas ás alfombras florais elaboradas con motivo da celebración do Corpus Christi. As cores volveron apoderarse das principais rúas das vilas da comarca. Cada vez son máis ás que se animan a celebrar o Día do Corpus coa colocación das tradicionais alfombras florais. É o caso de Rianxo que onte domingo celebrou a festa do Santísimo. Dende primeira hora da noite do sábado numerosos veciños e colaboradores traballaron arreo no deseño e na confección das laboriosas alfombras que engalanaron as principias rúas da vila. Foron moitas tamén as persoas que se achegaron durante toda a xornada a contemplar o resultado antes da Procesión do Santísimo, que tivo lugar a última hora da tarde de onte. Este ano ademais houbo tamén un convidado especial, como foi a chuvia, que por momentos obrigou a arranxar algúns dos tapices realizados, aínda que non provocou a suspensión da procesión, que foi seguida por numerosas persoas.