A Deputación colaborará con Condes de Albarei na reforma da adega

    condes_albarei_100_210409.jpgPONTEVEDRA> A Cooperativa vitivinícola ampliará as zonas de carga e descarga para mellorar os accesos posteriores ás instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/210409_proxecto_pazo_baion.flv{/flowplayer} 

    O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu na sé do organismo provincial a Guillermo Rodríguez, presidente da Cooperativa vitivinícola Condes de Albarei. O motivo da xuntanza: solicitar a colaboración desta entidade para realizar unha serie de reformas nas instalacións da adega.

    Durante a xuntanza, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, confirmou que o organismo provincial vai colaborar coa cooperativa na execución destas melloras. A boa noticia vén a sumarse á autorización da Xunta para a rehabilitación do Pazo de Baión. O pasado venres a dirección xeral de Urbanismo daba luz verde ó proxecto de Condes de Albarei. Agora só queda que o concello de Vilanova dea o seu consentimento para que a reforma se poña en marcha.

    A decisión do concello de Vilanova coñecerase o vindeiro 28 de abril, data na que se reunirá a comisión de goberno. De aprobarse ese día, Condes de Albarei entraría aínda no prazo para solicitar as subvencións coas que financiar o proxecto.

    Redacción Salnés