O BNG de Ribeira denuncia a parálise de proxectos presupostados en máis dun millón de euros

RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha iniciativa instando ó goberno a rematar diversas obras que permanecen paralizadas dende hai anos. Destacan, entre outras, a nova estación de autobuses ou a rehabilitación da Unidade de Atención a Drogodependentes.

Os nacionalistas atribúen á parálise do goberno municipal o abandono de proxectos de gran importancia para Ribeira que supoñen investimentos por valor de 1’2 millóns de euros. Entre eles, sinalan a estación de autobuses. A anterior foi derrubda en 2018 e a día de hoxe, os usuarios só dispoñen dunhas marquesiñas sen que o proxecto da nova estación teña visos de comezar, a pesar de ter consignados máis de 400 mil euros para a súa execución.

Outra das demandas do BNG refírese á sede da Unidade de Atención a Drogodepentes que presenta un avanzado estado de deterioro. O proxecto de rehabilitación do inmoble conta cunha dotación orzamentaria de 420 mil euros pero ata o momento non se realizou ningunha actuación.

Ademais destes dous grandes proxectos, os nacionalistas denuncian o abandono en que están sumidas as parroquias. Poñen de exemplo a paralización das obras do centro social de Carreira  que acumulan xa máis de cinco anos de retraso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí