VILAGARCÍA> Vilaxoán acolleu esta fin de semana a celebración do Campionato Galego de Bateis, Trofeo Conde Fenosa. Vilaxoán e Amegrove, con dúas victorias cada un, foron os grandes triunfadores. Ademais do cetro autonómico, estaban en xogo as prazas para o Campionato de España que se disputa dentro de tres días na bahía de Santander.
Centos de persoas déronse cita nas inmediacións do porto de Vilaxoán para ver de preto as evolucións do Campionato Galego de Bateis, XXIV edición do Trefeo Conde de Fenosa.
O club anfitrión, o Vilaxoán, xunto con Amegrove, foron os grandes protagonistas da fin de semana logo de acadar dúas victorias cada un que lles deu o pase ó Campionato de España que se celebra o día 25 en Santander.
Os dous primeiros de cada categoría acadaban a súa presencia nos nacionais, se ben é certo que nas categorías nos que os conxuntos galegos son campións, serán tres os representantes, caso de infantis, cadete e xuvenís masculino, e promesas e absoluto femenino.
Precisamente en promesas foi onde seu deu unha das maiores sorpresas da xornada. As favoritas, as rapazas de Vilaxoán, no puideron ser máis que quintas nunha carreira na que se impuxo Amegrove, con Robaleira, Ares e Chapela entrando no mesmo segundo. Os grovenses tamén foron quen de vencer en categoría infantil por diante de Muros.
Os de Vilaxoán sí que gañaron en xuvenil e cadetes, nesta última con gran autoridade. Ademais, Perillo levouse a victoria en xuvenil femenino, Chapela en absoluto femenino e Cabo de Cruz na categoría senior, por diante de Samertolameu e Amegrove.
A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores Garecía e a edil de deportes, Victoria Hierro, asistiron á entrega de trofeos, na que os gañadores desfrutaron da victoria.
Redacción Salnés