O GROVE> O proxecto está ubicado no monte Siradella, nunha zona catalogada dentro a Rede Natura de espazos protexidos.
O municipio de O Grove podería contar cun campo de golf no monte Siradella si a normativa medioambiental o permite. Os grupos políticos no concello autorizaron á empresa promotora a consultar á Xunta de Galicia sobre a viabilidade do proxecto, nunha reunión que se celebrou onte á tarde.
A empresa LC Golf pretende construír un campo de golf de 500.000 metros cadrados, e 18 fochos, nun territorio protexido e catalogado dentro da Rede Natura. Que é a rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade.
O alcalde de O Grove explicou hoxe o proxecto, acompañado polo promotor das obras. Segundo José Antonio Cacabelos o municipio precisa dun campo de golf para acadar a excelencia turística.
A empresa promotora das obras é a mesma que construíu o campo de Golf de Meis, que servirá de referencia para o proxecto do monte Siradella. O promotor defende un campo de golf público, financiado polas institucións e confía na viabilidade do proxecto.
O BNG manifestou hoxe as súas dúbidas con respecto ao campo de golf a través dun comunicado. Os nacionalistas esixen á empresa que recade tódolos informes administrativos que garantan a conservación medioambiental do monte Siradellas. O alcalde tamén expresou hoxe as súas dúbidas con respecto á localización do proxecto.
Nos vindeiros días, a empresa vaise dirixir á Xunta para solicitar os permisos precisos, para proxectar a obra. Para o que conta co apoio de tódolos grupos políticos con representación no concello, e coa aprobación dos colectivos empresariais e da comunidade de Montes de San Vicente.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/220409_campo_golf_grove.flv{/flowplayer}