Vilagarcía xa conta con transporte para persoas con mobilidade reducida

    busesminusvalidos_100_200907_-_still_002.jpgVILAGARCÍA > En plena Semana da Mobilidade, presentáronse varios vehículos que permitirán mellora-lo transporte público do municipio.

    Dentro das actividades organizadas con motivo da Semana da Mobilidade, hoxe presentáronse varios vehículos adaptados para persoas con discapacidade ou con mobilidade reducida. Trátase dun taxi e varios autobuses que cubrirán as necesidades dun importante colectivo. Moitas das persoas que usarán estes vehículos adaptados para persoas con mobilidade reducida estaban hoxe na presentación. Eles foron os primeiros en proba-los novos sistemas que permiten un acceso doado ós vehículos.

    No caso dos autobuses, trátase dunha aposta da empresa Pereira, que pretende ir aumentando este servizo ata que o teñan o cen por cen dos seus vehículos, tal como confirmou hoxe a responsable da empresa, Marisa Pereira. busesminusvalidos_300_200907_-_still_003.jpgAdemais dos autobuses urbanos, a empresa dispón dun autobús discrecional cun novidoso sistema hidráulico moi doado e cómodo para as persoas que van en cadeira de rodas.

    Os que probaron estes novos sistemas estaban moi satisfeitos, como Tomás Rodríguez, un veciño de Vilaxoán que inaugurou as pasarelas dos buses urbanos subindo a silla da súa neta. A alcaldesa seguiu de preto a presentación e o funcionamento dos sistemas, que inclúen, ademais do acceso ós autobuses, un sistema de anclaxe das cadeiras de rodas para que os seus usuarios viaxen coa máxima seguridade. Dolores García asegurou estar moi satisfeita coa posta en marcha destes novos vehículos.

    Redacción Salnés