A Xunta retomará as obras da EDAR do Grove antes de final de ano

    hernandez_grovecopy.jpgGROVE> O fará despois de que esta mañá o Consello da Xunta aprobase o decreto de ocupación dos terreos onde se ubicará a nova Estación Depuradora.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_GROVE.flv{/flowplayer}

    Era unha demanda de fai tempo e agora vaise converter nunha realidade. Os veciños de O Grove contarán coa nova Estación Depuradora de Augas Residuais o vindeiro ano. Así o anunciou esta tarde na vila o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas trala xuntanza mantida co alcalde. E estará lista no 2013 despois de que esta mañá o Consello da Xunta aprobase o decreto de urxente ocupación dos terreos para inicialos traballos antes de final de ano. Nova ante a cal Miguel Ángel Pérez amosou a súa satisfacción.

    A actuación conta cun orzamento de case seis millóns de euros. Os traballos que restan por facer virán a complementar o xa feito, informaron desde a Xunta, xa que xa están rematados tanto os colectores coma os bombeos que achegarán as augas residuais desde a actual depuradora ata a nova.

    Así mesmo, Hernández, garantiu que estudarán a dispoñibilidade orzamentaria para executar un proxecto que lle foi presentado polo alcalde do Grove para completar o saneamento na zona de San Vicente.

    Por outra banda, nesta xuntanza, tamén repasaron o calendario previsto para o desdobramento da Vía Rápida entre Sanxenxo e A Lanzada, proxecto que conta cun orzamento de 29 millóns de euros. Á espera de que se programa a actuación, Hernández adiantou que nas vindeiras semanas van proceder a mellorala capa de rodadura e á instalación dunha barreira ríxida para separar os dous carrís existentes.

    Por último, o alcalde, anunciou que antes de final de ano van presentar ante a Consellería o Plan Xeral para o municipio.

    Redacción Salnés