Vilagarcía contará cun novo cuartel da Garda Civil

    cuartel_100.jpgVILAGARCÍA> Vilagarcía contará a medio prazo cun novo cuartel da Garda Civil e, ó mesmo tempo, o Concello farase co pavillón da antiga comisaría…

     {flowplayer}images/salnes/220409_cuartel_guardia_civil_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … na Rúa Castelao que se permutará pola finca de 7.000 metros cadrados de Fontecarmoa, onde se vai a construír a nova instalación. Este foi o resultado dunha xuntanza que mantiveron onte en Madrid a Alcaldesa local, Dolores García e o Concelleiro de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín con representantes da Xerencia e Infraestructuras e Equipamentos da Seguridade do Estado do Ministerio de Interior.

    O Concello amosouse moi satisfeito co resultado desta xestión, que agora en diante haberá que poñer en marcha.

    O Concelleiro do Territorio, Marcelino Abuín gabouse deste logro e pediu prudencia ás forzas da oposición para que non critiquen as actuacións do executivo local antes de coñecelas, polo ben de Vilagarcía.

    Redacción Salnés