RIBADUMIA> En Ribadumia, están en marcha as obras de reurbanización da rúa Condesa, na contorna do colexio Julia Becerra Malvar. O proxecto busca mellorar a seguridade viaria e a mobilizada da zona, ao tempo que se crean novas zonas de estacionamento. A actuación conta cun orzamento que rolda os 700.000 euros, dos que a Deputación achegará o 70% e o concello, o 30 restante.
A rúa Condesa, na contorna do colexio Julia Becerra Malvar, en Ribudumia, está inmersa nun proxecto de remodelación. A actuación afecta a un treito duns 300 metros, pero supón a transformación deste espazo, mellorando a mobilidade, reforzando a seguridade viaria e creando novas zonas de estacionamento. Todas elas, vellas reivindicacións da comunidade educativa e dos ususarios das distintas instalacións deportivas que aquí se concentran.
A obra modificará o propio trazado da rúa Condesa, crando beirrarúas máis amplas. Contempla tamén nova iluminación, o soterrado do cableado e o retranqueo dunha zona que permitirá crear unha nova bolsa de estacionamento, habilitando unha zona para os autobuses escolares.
O proxecto conta cun orzamento que rolda os 700.000 euros, dos que a Deputación achega o 70% e o Concello de Ribadumia o 30 restante. Esta mañá, supervisando as obras co alcalde, estivo a deputada de infraestruturas do organismo provincial.
Ao mesmo tempo, o rexedor avanza que está en contacto con Educación co obxectivo de avanzar nas melloras que precisa o centro educativo.
Calcúlase que este proxecto de remodelación da rúa Condesa poderá estar rematado, a máis tardar, en marzo do ano que vén.











