Cores Tourís será nomeado delegado territorial da Xunta en Pontevedra

    touris100.jpgCAMBADOS> O alcalde deberá renunciar á acta no concello despois do seu nombramento. Luis Aragunde vaino relevar como primeiro edil de Cambados.

    Despois de 11 anos como alcalde e 11 anos como concelleiro en Cambados, José Manuel Cores Tourís abandonará o Goberno local para asumir un novo reto como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. O protagonista confirmou hoxe o seu novo destino no goberno autonómica que asumirá con ilusión e con ansias.

    Amais dos 22 anos de experiencia no concello de Cambados, no currículo de Cores Tourís figuran cinco anos na presidencia da Mancomunidade do Salnés e nove anos como Senador, na Cámara Alta. Unha experiencia que servirá a Tourís na súa nova etapa, na que buscará o consenso cos alcaldes dos concellos incluídos na delegación territorial de Pontevedra. 

    O actual tenente de alcalde e número tres na lista do PP Local, Luis Aragunde substituirá a Cores Tourís, no trono da alcaldía. Tamén abandonará o seu posto a actual concelleira de Cultura, e número dous na lista, Anabel Carro. Que acompañará a Tourís no seu novo reto e formará parte do seu equipo na delegación territorial. Estas baixas obrigarán a incorporaranse ao Goberno local aos seguintes candidatos, na lista do PP de Cambados: Mar Cacabelos e Antonio Iglesias. Cores Tourís asegura que se vai tranquilo coa confianza de deixar, tras de si un bo equipo.

    O XOVES TERÁ LUGAR O NOMEAMENTO 

    Cores Tourís deberá renunciar tamén á súa acta no Senado, no que será substituído pola concelleira de Sanxenxo, Paz Lago. Estes cambios faranse efectivos tralo nomeamento oficial dos cinco delegados territoriais da Xunta. Que está previsto se celebre tralo consello do goberno autonómico, o vindeiro xoves.

    O equipo de Alberto Núñez Feijoo aprobou hoxe a estrutura das delegacións territoriais, dependentes da consellería de Presidencia, encabezada polo pontevedrés Alfonso Rueda. Que mañá sairá publicada no Diario Oficial de Galicia.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}salnes_230409_touris_superdelegado.flv{/flowplayer}