Os veciños consiguen parar as máquinas do vial do Xufre

    maquinas_estrada_xufre100.jpgA ILLA> Chegaron as máquinas e, cos nervios a flor de pel, os veciños afectados polo acceso ó Xufre, impediron que traballasen.

    {flowplayer}images/salnes/MAQUINAS_ESTRADA_XUFRE.flv{/flowplayer}

    A ILLA> Chegaron as máquinas e, cos nervios a flor de pel, os veciños afectados polo acceso ó Xufre, impediron que traballasen preto das súas propiedades. A lo menos, por hoxe, así o conseguiron.

    Os traballadores das empresas Covsa e Expano, que executan as obras negáronse a seguir ante a presenza dos veciños. Estes están dispostos a manterse ó pé das pás e evitar que avancen os traballos. Estes veciños insisten en que non están en contra da estrada ó Xufre, ó contrario, vena necesario. Pero polo que non pasan é polo trazado elixido.

    Durante boa parte da mañá, os afectados mantiveron a garda diante das máquinas e dialogaron cos encargados das empresas. O peor parado foi o de Covsa, que acabou reclamando a presenza da Garda Civil o que quentou inda máis os nervios dos veciños.

    Pendentes das pás, estes veciños seguen á espera dunha resposta da nova Xunta e tamén da Xustiza, polo contencioso administrativo que teñen presentado no Tribunal Supremo.

    Redacción Salnés