Nenos de Ribadumia asisten a unha charla informativa sobre conservas

    conservas_100.jpgRIBADUMIA> Os escolares de Ribadumia afondaron esta tarde no coñecemento das conservas; un producto que ten unha marcada…

    {flowplayer}images/salnes/260509_taller_conserva.flv{/flowplayer}

    … relevancia nesta comarca e que ten importantes propiedades alimenticias. E fixérono nunhas charlas que organizou o Concello no Colexio Julia Becerra Malvar , grazas a colaboración de varios técnicos de ANFACO, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conserva.

    Estes talleres son a antesala da Segunda Mostra de Exaltación da Nosa Conserva que se vai a celebrar a vindeira semana dentro da celebración da Festa do Viño Tinto do Salnés.

    O seu obxectivo é achegar estes alimentos a un colectivo que aínda non os coñece polo miúdo; o dos nenos e nenas. Esta tarde foi a quenda dos alumnos de primaria e o luns pola tarde será o tempo dos alumnos de secundaria e da ESO.

    A maiores destas charlas, os cativos terán a oportunidade de aprender máis sobre as conservas durante a propia celebración da Mostra de Exaltación da Conserva. Aínda máis, estes escolares terán a oportunidade, de novo este ano, de visitar unha conserveira neste Concello, para coñecer sobre o terreo como se traballa nestas factorías e cal é o proceso de creación das latas.

    Redacción Salnés