A festa do marisco aspira a converterse en Festa de Interese Internacional e bate un récord na 59 edición, máis de 150 mil racións vendidas

O GROVE> A festa do marisco do Grove aspira a converterse en Festa de Interese Turístico Internacional. A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba comprometeuse a traballar co ministerio para intentar conseguir a catalogación. O alcalde fixo un balance exitoso da celebración deste ano onde máis de 75 mil persoas pasaron pola vila e se bateu o récord con máis de 150 mil racións vendidas.

Había moitas ganas de volver gozar co marisco do Grove tras dous anos de parón, e o regreso da festa non defraudou. Durante dúas semanas miles de persoas encheron a carpa da praza do Corgo.

Os visitantes gozaron de toda a variedade de marisco.

O marisco é o reclamo da xente, pero o gran ambiente e a organización son os motivos polos que gozan e regresan.

A festa supón un pulo importante para a economía, non só do Grove, se non de toda a comarca. Dende os postos hostaleiros celebran o regreso da festa.

Dende o concello cualifican a celebración deste ano como un éxito. De feito o alcalde baséase nos datos, máis de 75 mil persoas e máis de 150 mil racións vendidas, un novo récord.

Dado o éxito da festa e a súa gran organización, a subdelagada do gobernou comprometeuse a traballar para que a festa reciba a catalogación de Festa de Interese turístico Internacional.

As cifras son de récord pero aínda o poden ser máis porque a festa continúa. Os interesados en gozar do marisco acompañados de música e de ofertas comerciais poden achegarse ao Grove ata este mércores 12, último día de celebración da festa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí