O PP pide que se convoque ó Consello Consultivo Económico

    tomas_fole_100.jpgVILAGARCIA> O Partido Popular reclamará no vindeiro pleno que o goberno local convoque o Consello Consultivo Económico e Social…

    {flowplayer}images/salnes/mocion_pp_vilagarcia_20092010.flv{/flowplayer}

    … para contrastar os principais asuntos de interese para este Concello. Os populares denuncian que este órgano creado no 2007 para buscar o consenso aínda non se reuniu unha soa vez, malia que se están a decidir cuestións fundamentais para o futuro dos vilagarciáns.

    O feito de que non se convocase este consello consultivo ate o de agora demostra, segundo os populares, a incapacidade deste grupo de goberno actual para procurar o consenso en cuestións fundamentais para o desenvolvemento deste Concello.

    A maiores, no vindeiro pleno do día 30, os populares piden tamén contar alomenos con voz neste Consello, do que forman parte 20 membros; entre eles catro políticos do equipo de goberno e dous da oposición, ningún destes últimos das listas do PP, a pesares de ser a forza política maioritaria na oposición.

    Redacción Salnés