![]()
CAMBADOS> BNG e PSOE felicitan ao alcalde polo novo cargo e aseguran que Luis Aragunde dirixía o Concello dende hai tempo.
Os partidos políticos na oposición non se fixeron esperar e valoraron hoxe a marcha de Tourís do executivo local. Ambos coincidiron en que a renuncia do actual alcalde non mudará a política local que xa leva tempo dirixida polo futuro rexedor, Luis Aragunde.
Segundo os portavoces do BNG e do PSOE non haberá cambios no goberno local de Cambados, a pesar da renuncia do alcalde do municipio. Víctor Caamaño vai máis alá e asegura que Cores Tourís leva apartado da política cambadesa, varias semanas. Nas que foi substituído polo seu sucesor, Luis Aragunde. Que é quen leva o peso do Concello segundo as palabras do portavoz nacionalista.
Caamaño valorou hoxe a xestión de Tourís en Cambados. De quen criticou a falta de negociación, co resto dos partidos que conforman o concello. O portavoz nacionalista dubida da efectividade da figura de delegado territorial da Xunta de Galicia. Que substituirá aos trece delegados autonómicos nomeados pola anterior Xunta de Galicia en Pontevedra.
Pola súa banda, o portavoz do PSOE en Cambados evitou dar unha valoración do novo nomeamento. Domingo Tabuyo, que por estar de viaxe non puido comparecer ante os micrófonos de Canal Rías Baixas, asegurou a este medio que o seu grupo seguirá facendo oposición, goberne quen goberne.
PSOE E BNG FELICITAN A TOURÍS
A pesar das diferenzas políticas, os portavoces do PSOE e do BNG coincidiron en felicitar a Cores Tourís por este nomeamento. E desexáronlle sorte nesta nova etapa como representante do goberno autonómico en Pontevedra.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/230409_totais_caamano_tabuyo.flv{/flowplayer}









