Os ex traballadores de Cedonosa esixen o pago das indemnizacións

    cedonosa230409_100.jpgPONTEVEDRA> Os ex traballadores da factoría que ten Cedonosa en Catoira manifestáronse esta mañá diante da Audiencia Provincial …

    {flowplayer}images/salnes/CEDONOSA230409.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os ex traballadores da factoría que ten Cedonosa en Catoira manifestáronse esta mañá diante da Audiencia Provincial, en Pontevedra.

    A protesta ía dirixida ó Xulgado do Mercantil número 1, onde asinaron o despido cos administradores da empresa. Lembran que tiñan pactadas unhas indemnizacións, das que só cobraron o 20 por cento.

    Acusan ós administradores xudiciais da empresa de darlles largas e abusar da boa fe dos ex traballadores. Os despedidos abandonaron hai uns días a garda que facían na factoría de Catoira para evitar a venda do stock. O prazo que lle deran á empresa era de 15 días pero esgótaselles a paciencia.

    Ramón Conde considera que a Lei Concursal é un fraude para os empregados e que, no seu caso, beneficia ós administradores de Cedonosa. O ex presidente do comité de empresa lembra que nesta situación están 80 persoas.

    Redacción Salnés