Dous derbis de crucial importancia para a salvación

futbol250_230409.jpgSALNÉS> Os equipos do Salnés comezaron xa a traballar de cara ós derbis da fin de semana. Céltiga-Portonovo, e Vilalonga – Arousa. Agás os da Illa todos metidos na loita pola permanencia. Dous encontros nos que hai máis de tres puntos en xogo.

{flowplayer}images/salnes/futbol_230409.flv{/flowplayer} 

O ambiente vai quencendo segundo se achega o día. O domingo cítanse os catro equipos do Salnés en dous derbis que prometen ser apaixoantes. O primeiro deles ás 17:00 no Salavador Otero.  O Céltiga, que prácticamente está salvado, recibe a un Portonovo inmerso nos postos de descenso e moi necesitado dos puntos. Os de Baltar só gañaron unha vez na súa historiua na Illa, Marcos Canle quere que esta fin de semana chegue a segunda aínda que sabe que non será un partido sinxelo.

A estas alturas de temporada comeza a falarse das famosas primas ou axudas a terceiros. Algo que os portonoveses no temen.

Máis dramático será o partido de San Pedro, sobre todo para un Vilalonga que non agardaba hai un mes escaso estar nesta situación loitando pola permanencia. Un baixón que ninguén se explica.

A defensa celeste fixo augas nesta últimas xornadas e o Arousa é un dos conxuntos con maior potencial ofensivo do grupo. Unha victoria dos vilagarciáns achegaría ós dous equipos na xeral a tan só un punto.

A falta de dous adestramentos e de posibles baixas de última hora, xa se saben os nomes daqueles que non estarán seguro nos derbis. O Xuíz Único de competición sancionou cun partido a Nacho e Úbeda (Portonovo), Nacho (Céltiga), Manu Rodriguez (Arousa) e Lozano (Vilalonga).

Redacción Salnés