Boiro aposta por investir a maior parte do POS da Deputación no rural

BOIRO> O executivo boirense levará a pleno este xoves os catro proxectos propostos para o Plan de Obras e Servizos da Deputación. O POS deste ano destina a Boiro unha contía próxima ós 700 mil euros que se investirán principalmente no rural.

As demandas transmitidas pola veciñanza levaron ó goberno de Boiro a propoñer para o POS unha serie de melloras en núcleos rurais. Os dous proxectos principais implicarán a renovación integral dos rueiros e Runs e San Mauro que inclúen tamén a instalación de redes e a substitución do alumeado.

Propoñen tamén a renovación do pavimento na aldea de Xián, en Bealo, por importe de 34 mil euros.

Outro dos proxectos busca incrementar a seguridade viaria na avenida da Constitución coa construción dunha beirarrúa no treito entre Salvador Allende e a Avenida de Compostela.

Como proxecto omplementario, o executivo plantexa a acondicionamento dunha parcela en Cimadevila para convertela en aparcadoiro con 19 prazas de estacionamento e unha zona verde.

Dende o goberno agardan que a oposición apoie a proposta posto que, ata o momento, non presentaron proxectos alternativos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí