Durán pedirá á Xunta un carril bici que una Cambados – Vilanova – A Illa

    duran_carril_bici100.jpgVILANOVA> O alcalde presentará ante o delegado territorial o proxecto para a construcción do vial. Un plan que se redactou no ano 2000 e que estaba paralizado.

    O alcalde de Vilanova aproveitará a súa amizade co futuro delegado territorial en Pontevedra para defender proxectos de interese para o seu municipio. O primeiro deles será a construción dun carril bici, de tres quilómetros e medio, entre Vilanova e Cambados.

    O proxecto redactárono os técnicos da Deputación no ano 2000, e conta cun orzamento de 1.100.000 euros, que debera aportar o Governo autonómico. Segundo Gonzalo Durán, o proxecto é necesario para unir os municipios de Vilanova e Cambados coa illa de Arousa.

    O futuro delegado territorial na provincia, e actual alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, firmou este proxecto, no ano 2000, con Xosé Cuíña como conselleiro de política territorial, no governo de Manuel Fraga. A implicación de Tourís co proxecto, é un aval para que este carril bici, saía adiante. Segundo as palabras de Durán.

    O alcalde de Vilanova felicitou hoxe a José Manuel Cores Tourís polo seu novo cargo no goberno rexional. O tenente de alcalde, Javier Tourís tamén se alegrou do novo destino político da concelleira de Cambados, Anabel Carro, que formará parte do equipo de Tourís, na delegación territorial da Xunta. Gonzalo Durán considera que o nomeamento do Cores Tourís como delegado territorial será bo para toda a comarca do Salnés.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/240409_gonzalo_duran_por_terron.flv{/flowplayer}