Os veciños non descartan convocar unha manifestación contra a Pousada

    cartel_lanzada copia100.jpgO GROVE> Varios veciños do municipio presentaron onte unha nova Comisión crítica coa ubicación do proxecto da Deputación.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_POUSADA_LANZADA.flv{/flowplayer}

    A principal demanda da Comisión, formada por varios veciños do municipio meco, é que se manteñan os usos públicos do Centro Vacacional. Na actualidade, as instalacións veñen acollendo numerosas actividades deportivas, formativas e sociais, algo que xa non sería posible de realizarse o proxecto da Deputación.

    Os representantes da Comisión denunciaron onte a postura da Deputación, coa que non se puideron reunir para recibir unha explicación do proxecto. Tamén quixeron onte desvincularse de calquera relación política.

    A Comisión leva unha semana recollendo firmas entre os veciños contra a realización do proxecto. Segundo sinalaron, a iniciativa está a recibir unha gran acollida, polo que a organización non descarta convocar a mobilización cidadá con manifestacións ou concentracións.

     Redacción Salnés