O Tribunal Supremo declara ilegal a actividade dos depósitos de Ferrazo

    depositosferrazo100.jpgVILAGARCÍA> O BNG esixirá ao goberno da Xunta que retire os contenedores de combustible do peirao ante o risco de contaminación.

    O BNG solicita á Xunta de Galicia que se posicione en contra dos depósitos de Ferrazo, que se situaron no peirao de Vilagarcía, durante o governo de Manuel Fraga. O deputado nacionalista, Bieito Lobeira, levará unha pregunta e unha proposición non de lei á primeira sesión do Parlamento, para esixir a retirada dos depósitos.

    Onte coñeceuse unha sentencia do Tribunal Supremo que declara ilegal a actividade dos depósitos de Ferrazo no peirao de Vilagarcía. O máximo órgano xudicial do país considera que a empresa Finsa-Foresa actúa á marxe da lei ao alugar estes depósitos a terceiros operadores para almacenar os hidrocarburos. O BNG non se fixo esperar e emitiu hoxe a súa valoración sobre esta sentencia. O deputado Bieito Lobeira está satisfeito coa resolución xudicial. que lle da á razón á plataforma nacionalista en defensa da Ría de Arousa.

    A actividade dos depósitos de Ferrazo foi autorizada, no ano 2000, pola consellería de Industria do Governo de Manuel Fraga. En contra da posición do BNG que teme polos riscos de contaminación da ría de Arousa. Agora os nacionalistas solicitan á nova Xunta, encabezada polo popular Núñez Feijoo, que se posicione en contra dos depósitos. O deputado Bieito Lobeira vai propoñer no Parlamento galego que se retiren estas infraestruturas do peirao. Bieito Lobeira denuncia o risco de contaminación que supoñen estas instalacións, na Ría de Arousa. Onde traballan, de xeito directo, 30.000 persoas, segundo os datos que baralla o BNG.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/240409_BNG_depositos_ferrazo.flv{/flowplayer}