Maceiras é partidario de executar o proxecto de mellora da AC -305

xuntanzavecinosac305_100_24042009.jpgPOBRA> O rexedor pobrés trasladará aos afectados a decisión de Conselleiro de Territorio de consensuar con eles a remodelación do proxecto.

O alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras e o voceiro da agrupación popular no Parlamento, Manuel Ruiz Rivas manterán o próximo mércores un xuntanza cos afectados pola remodelación da estrada AC-305 para dar conta do acordado nunha xuntanza co Conselleiro de Territorio e Infraestruturas. Agustín Hernández xa anunciou a súa intención de consensuar o proxecto redactado polo anterior goberno autonómico cos veciños.

{flowplayer}barbanza/xuntanzavecinosac305.flv{/flowplayer}

A modificación do proxecto de seguridade vial da estrada AC-305 ao seu paso pola Pobra foi unha das promesas máis reiteradas polo populares durante os últimos meses. Agora, tras o cambio de goberno na Xunta, parece ser que será unha das primeira que cumpran. Así o asegurou esta mañá o alcalde pobrés, Isaac Maceiras que a pasada semana mantivo unha xuntanza co novo Conselleiro de Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

Proxecto necesario

Maceiras insistiu na necesidade de executar esta actuación xa que implica a mellora da seguridade vial na zona, pero non seguindo o proxecto que redactou o goberno bipartito. Por tal motivo, o vindeiro martes manterá unha xuntanza cos veciños para escoitar as súas propostas.

Como xa veñen reclamando hai tempo en varias concentracións de protesta, os afectados queren que haxa un menor número de expropiacións de propiedades privadas, que se reduza o tamaño e o número das rotondas e que se suprima o carril previsto para o transporte público.

Así pois, ao retomarse de novo as conversas cos afectados, o proxecto quedará paralizado ata a redacción dun novo documento. Antes da súa saida, o anterior goberno da Xunta tentara executar o levantamento de actas de expropiación, pero este trámite non se puido levar a cabo ao non personarse ao alcalde na sinatura.

Redacción Barbanza