Manuel Durán releva a Maceiras como candidato á alcaldía da Pobra

    POBRA> Tras meses de rumores finalmente o PP da Pobra desvelaba a incógnita. A dirección provincial presentou a Manuel Durán como candidato á alcaldía. O alcalde, Isaac Maceiras, foi o encargado de darlle o relevo desexándolle moitos éxitos para esta nova etapa. Incógnita despexada. Manuel Durán será o candidato do Partido Popular á alcaldía da Pobra do Caramiñal. O PP tivo especial celo en non facer oficial o seu nome ata non ter unha decisión en firme por parte do novo candidato, un feito que se produciu hai varias semanas. Aínda así Durán era un dos principais favoritos en tódalas quinielas. Nel recaerá o peso de substituír o actual alcalde, Isaac Maceiras, á fronte do concello, tratando de revalidar unha nova maioría absoluta , a que sería a quinta dos populares neste municipio. Acompañado do rexedor saínte, e tamén do presidente e secretario provinciais do partido, Carlos Negreira e Diego Calvo, respectivamente, que tamén quixeron estar presentes no acto, Manuel Durán, sinalou estar ilusionado co novo reto que se lle presenta, aínda que para el supuxo unha decisión complexa. Como non podía ser doutro xeito agradeceulle especialmente o actual alcalde, Isaac Maceiras, así como tamén ó resto da executiva local, o ter reparado nel coma futuro candidato. Pola súa banda, tanto o actual alcalde Isaac Maceiras, coma o propio presidente provincial, Carlos Negreira, destacaron a valía de Durán. Segundo eles trátase da persoa mellor preparada para continuar co bo traballo que o PP vén realizando neste concello. Manuel Durán xa está a traballar na confección da lista e tamén do programa de goberno co que concorrerá ós vindeiros comicios municipais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/10/presentacioncandidatopppobra1002151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/10/presentacioncandidatopppobra100215.mp4{/flowplayer}