Resignación en Boiro e Pobra pola suba doss dous municipios ó nivel máximo de restricións

BOIRO/POBRA> Unha nova negativa para os dous municipios, aínda que esperable, se atendemos ó actual estado da incidencia acumulada en ámbolos dous concellos.

O anuncio de hoxe non colleu por sorpresa ós alcaldes de Boiro e Pobra do Caramiñal. A suba dos contaxios experimentada nos últimos días, e atendendo á incidencia acumulada en ámbolos dous concellos, facía presaxiar unha decisión así.

En Boiro, na última xornada a cifra de contaxios volveu a incrementarse notablemente, en máis de 18 casos, pasando dos 188 ós 206.

Unha postura compartida tamén na Pobra, que ve aspectos positivos nalgunhas das novas medidas de restrición, pero de difícil interpretación noutras, como é o control que a hostalería deberá facer para permitir o acceso ó interior dos seus locais.

Pero non só iso, ó rexedor pobrense preocúpalle tamén que os veciños da Pobra non poidan acceder ó interior dos locais do municipio se non teñen unha PCR ou o certificado de vacinación, pero si o poidan facer noutros establecementos de municipios veciños que non estean en nivel alto ou máximo de restrición.