Adrián Santos deixará o Vilalonga para fichar polo Céltiga

futbol250_030709.jpgILLA> O Céltiga segue a ser o conxunto que máis rápido está a mover ficha na Terceira. Onte confirmaba a renovación de Fran Matos e hoxe, segundo puido saber Canalriasbaixas, anunciarán unha fichaxe. Adrián Santos deixará o Vilalonga para recalar no Salvador Otero.

Semella que o Céltiga continúa a tomarlle á dinateira ó resto de equipos do Salnés no que a fichaxes se refire. O equipo que dirixirá Pablo Vázquez, comeza a coller forma. Onte sabíase da renovación de Fran Matos, un xogador que gusta pola súa polivalencia, ó poder xogar indistintamente na banda dereita e na esquerda cun gran rendemento.

Pero a nova do día no club da Illa é a contratación de Adrián Santos. O central que o pasado ano militou nas filas do Vilalonga deixa San Pedro atraído polo proxecto deportivo do Céltiga. Adrián gusta pola súa gran talla, polo seu poder no xogo aéreo e pola súa constancia e regularidade. Será polo tanto a quinta incorporación. Esta é unha mostra máis de que directiva e corpo técnico queren construir o equipo dende a defensa unha vez contratados Marcos para a portería, Luis Alberto para o lateral, Sabarís e Adrián no eixo da zaga e Fernando na media cancha.

A chegada de Adrián suporá con case total seguridade a saída de Miguel Cobas. O club planteoulle hai semanas unha oferta de renovación que aínda non obtivo resposta. Esta contratación ábrelle as portas para a súa marcha. Tamén podería tomar o mesmo camiño o gardamallas César, que se atopa nunha situación semellante.

Con todo, os esforzos da directiva encabezada por Martiñán, centraranse nos vindeiros días nas contratacións dun mediocentro de corte defensivo, un xogador de banda dereita e un dianteiro. Á espera das renovacións de Camiño e Diego Peláez, se finalmente non amplíasen o seu contrato, tamén buscarían un xogador para a mediapunta e outro para o interior esquerdo. As posibilidades de que ambos queden na Illa están ó 50%.

Mentres no Vilalonga continúa ó silencio con respecto ás fichaxes. Todo fai indicar que a semana que ven comezarán a coñecerse os nomes dos que integrarán o plantel dirixido por Gabi Leis, unha vez Jaime Camiña sexa oficialmente designado presidente do club esta noite, na Asamblea de socios.

CONTRATACIÓNS DO RIBADUMIA

O Club Deportivo Ribadumia confirmou hoxe a renovación de Suso, xogador pretendido por outros equipos do Salnés pero que finalmente decidiu continuar co equipo ribadumiense e apoiar o novo proxecto. Ademais, anunciaron a incorporación de dous novos xogadores á plantilla. Cristian, procedente do Eiriña, un central que pode actuar tamén no lateral dereito. E por outra banda Manu Sieiro que fará a pretemporada co equipo. Trátase dun xogador que acaba de saír da xuvenil de A Seca de Pontevedra e que pode xogar de mediapunta ou delanteiro.

Redacción Salnés