O Rasoeiro ve curtada a súa xeira de resultados no Rosal

SALNÉS> Unha de cal e outra de area para os equipos do Salnés nesta pasada xornada. A cara foi o Decubal Meaño, que venceu á Sar de Redondela por once goles de diferencia. A cruz, o Rasoeiro, que tras dúas victorias seguidas caeu desta volta na cancha do Atlético Novás.

Non puido acadar a súa terceira victoria consecutiva o Rasoeiro, se ben é certo que os pupilos de Óscar Arosa visitaban unha das pistas máis complicadas do grupo. O Atlético Novás levouse o triunfo nun partido marcado polas numerosas exclusións que sinalaron os colexiados e tamén pola tremenda igualdade no marcador.

O resultado mantívose equilibrado durante case todo o partido, de feito chegaron ó descanso con empate no marcador (12-12). A mesma tónica continuou no segundo tempo no que os ataques superaron ás defensas. Nos intres finais, os locais estiveron máis acertados e leváronse o triunfo por tan só dous goles de diferencia (32-30).

Esta derrota curta a progresiión do Rasoeiro. Os grovenses manteñen sen embargo a quinta posición da xeral antes de visitar a semana que ven á cancha do Viña Costeira, terceiro na táboa. Será xa a primeira xornada da segunda volta.

Mentres na Copa Federación o Decubal Meaño prosigue coa súa marcha triunfal. A SAR de Redondela intuíase como un dos rivais máis perigosos que podían ter enfronte, pero a goleada volveu a ser escandalosa. Se ben o encontro comezou igualado, a marcador desequilibrouse nos últimos minutos da primeira parte e nos primeiros da segunda, cando a boa defensa dos de Pedro Pérez e o acerto en ataque levoulles a tomar unha renta de oito goles. A diferencia tralos 60 minutos sería de once, co 29-18 final. Entre os destacados do Decubal estivo Javi Suárez, que dirixíu ó equipo á perfección erexíndose tamén como máximo goleador do partido con sete tantos. Pero sen dúbida a estrela do choque foi porteiro local Charli, que con 19 paradas, entre elas cinco penaltis, foi un muro insuperable para o ataque da SAR de Redondela.

Esta victoria do Decubal, a oitava en oito encontros, asegúralles a falta dunha xornada para o remate da fase, a primeira posición da táboa e a súa presencia nas semifinais da Copa Federación.

Redacción Salnés