Samertolameu continúa intratable no inicio de liga

trainas250_210610.jpgSALNÉS> Muros acolleu segunda regata da Liga Galega de traíñas. Como xa sucedera en Ares a vencedora foi Meira, que se consolida coomo líder. A mellor entre as embarcacións do Salnés foi Amegrove, que rematou cuarta.

Van tan só dúas regatas e cada vez hai menos dúbidas. Semella que na súa volta á Liga Galega, Samertolameu de Meira quere recuperar o título que acadou en 2006 e ó que renunciou en 2008. Onte en Muros sumou a súa segunda victoria consecutiva amosando de novo moita superioridade sobre os seus rivais, e aventaxando en dez segundos ó seu inmediato perseguidor, que foi Chapela. Náutico de Vigo tivo que conformarse co terceiro posto.

Por detrás, máis lonxe no que a perda de tempo se refire, entraron as traíñas do Grove. Amegrove repetíu cuarto posto e afiánzase na parte alta da xeral. A súa presencia na tanda de honra beneficioulle para superar por tan só unha décima a Mecos, que dominou con claridade a segunda carreira completando unha auténtica contrareloxo na que só Vilaxoán lle fixo sombra. Os de Gelo Tarrío repetiron sexto posto amosando de novo que son un equipo a ter en conta.

Pola contra o que se afundíu un poquiño máis esta semana foi Cabo de Cruz que non puido pasar da séptima praza. Ademais, Puebla foi decimocuarta, e Rianxo, decimoséptima.

A xeral está comandada por Meira que suma xa 34 puntos. Náutico de Vigo e Chapela son as únicas que lle seguen de preto con 31. A seis do líder sitúase Amegrove mentres que a dez puntos, empatados no quinto posto da clasificación, colócanse Cabo, Vilaxoán e Mecos.

Redacción Salnés