Comeza en Vilagarcía a XII Semana do Lectoriño

    lectorio_100.jpgVILAGARCIA> A décimo segunda edición da Semana do Lectoriño comezou esta tarde en Vilagarcía. Desde hoxe e ata o vindeiro xoves,…

     {flowplayer}images/salnes/270409_inauguracion_lectorino.flv{/flowplayer}

    … os pequenos e pequenas deste Concello poden acudir cada tarde, en horario de 5.30 a 8.30 a este Auditorio Municipal para tomar parte dunha chea de actividades destinadas ó fomento da lectura.

    Os nenos e nenas interesadas en acudir poden facelo de balde e sen necesidade de inscribirse previamente: só teñen que presentarse unha destas tardes no Auditorio. Aquí, entrarán no mundo máxico dos libros, o Libri Terrae; un lugar onde os protagonistas teñen forma de libros e dan lugar a todo tipo de historias divertidas e educativas. Ademais, poderán asistir a unha chea de actividades lúdicas, como as que tiveron lugar esta tarde.

    O peche destas actividades terá lugar o vindeiro xoves, á partir das oito da noite, ca actuación dos monicreques de luvas os Barballocas.Un espectáculo de corenta e cinco minutos de duración que estará acompañado de música e danza tradicional.

    Redacción Salnés