Cambados entrega a cruz de prata da orde de Isabel a Católica a Antonio Javier Porras

CAMBADOS> Cambados entrega a cruz de prata da orde de Isabel a Católica a Antonio Javier Porras. A distinción recoñece ao premiado polo seu traballo extraordinario en beneficio da sociedade. O protagonista, vítima dun atentado terrorista no ano 90 en Vilagarcía, séntese eloxiado e advirte que un suceso como o que el viviu, nunca se esquece.

A corporación municipal de Cambados aprobou por unanimidade solicitar para Antonio Javier Porras a cruz de prata da orde de Isabel a Católica ao ministerio de asuntos exteriores. Trala proposta aprobada polo goberno, o concello de Cambados entregou este venres o distintivo que recoñece a Antonio Javier Porras polo seu traballo extraordinario en beneficio da sociedade.

Antonio Javier Porras foi policía e militar e dedicouse durante a súa vida profesional a diferentes misións internacionais, colaboración coa cruz vermella, loita contra incendios e labores de auxilio humanitario entre outras accións. Pero o momento que marcou a súa vida foi o atentando terrorista sufrido no ano 90 cando era policía en Vilagarcía polo exército guerrilleiro do povo galego ceive. Un suceso que apenas lembra pero que non esquece.

Antonio Javier Porras aínda sofre as secuelas do atentando. E aínda que tardou 25 anos en ser recoñecido vítima do Terrorismo, o exaxente de policía tamén foi o representante en Galicia da asociación de vítimas do terrorismo. Dende Vilagarcía e Cambados quixeron poñer en valor todo o traballo realizado en beneficio dos demais.

A escritura é un dos piares de Antonio Javier Porras para plasmar os seus sentimentos e aliviar as feridas psicolóxicas sufridas dende o atentado. No recibimento da cruz de plata, Porras quixo ter un recoñecemento aos compañeiros que tamén sufriron atentados así como agradecer á súa esposa o apoio recibido durante 40 anos. Tamén asegurou que se volvese a nacer volvería a repetir as mesmas experiencias e a súa dedicación ás forzas armadas e á policía local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí