O Pazo de Quintáns acollerá unha escola de hostalería e un museo

    pazo_quintans_visita100.jpgSANXENXO> A Deputación de Pontevedra confirmou hoxe a súa colaboración co Concello de Sanxenxo para restaurar o Pazo de Quintáns, en Noalla.

    {flowplayer}images/salnes/pazo_quintans.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A Deputación de Pontevedra confirmou hoxe a súa colaboración co Concello de Sanxenxo para restaurar o Pazo de Quintáns, en Noalla.

    A intención do goberno municipal é que, amais de convertelo nun Museo da Sal, o pazo albergue unha escola de hostalería. O presidente da Deputación, Rafael Louzán e maila alcaldesa Catalina González, visitaron hoxe o inmoble. Louzán indicou que xa teñen reservada unha partida para esta actuación.

    Segundo explicou Louzán, o proxecto quedará en mans do arquitecto Mario Crecente, que elaborará tamén un plan director dos usos que se lle darán ó pazo. Para o Concello, tanto a edificación como o seu entorno teñen posibilidades para que acolla a primeira escola de hostalería do concello. Na visita de hoxe tamén participou o presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, que agradeceu a Deputación e Concello a aposta pola formación do sector.

    Arestora no Salnés xa hai unha escola de hostalería, impulsada pola Mancomunidade, e instalada no Centro de Vacacións da Lanzada, propiedade da Deputación. Segundo indicou Louzán, o edificio será rehabilitado en breve, polo que propuxo o traslado desa escola ó Pazo de Quintáns.

    Concello e Deputación consideran que o Pazo de Quintáns poderá compatibilizar o seu uso como escola de hostalería co de Museo da Sal, aberto ás visitas.

    Redacción Salnés