Vilanova habilita a pista do pavillón para illar visitantes sospeitosos de coronavirus

VILANOVA> Tras esta experiencia, o concello de Vilanova anunciou hoxe que manterán a pista principal do pavillón multiusos para facilitar o illamento de casos sospeitosos de COVID entre os visitantes do municipio. Segundo Durán, o espazo contou co visto bo das autoridades sanitarias.

O rápido illamento dunha persoa sospeitosa de estar contaxiada con coronavirus pode ser clave á hora de evitar o espallamento da infección. Trala experiencia de onte co grupo de peregrinos o concello de Vilanova decidiu reservar a pista principal do pavillón multiusos para afastar os posibles casos que se detecten entre os visitantes.

Un espazo amplo e ventilado é o que as autoridades recomendan para acoller estes casos. De aí que o habilitado polo concello de Vilanova conte co visto bo das autoridades sanitarias.

Para Gonzalo Durán, sería recomendable que todos os municipios contaran con espazos deste tipo para acoller casos sospeitosos de COVID-19 entre os visitantes que nestas épocas se achegan á zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí