A nai de Diana Quer regresa á Pobra

    POBRA> A nai de Diana Quer amósase esperanzada trala aparición do teléfono móbil e continúa convencida de que a súa filla maior está viva. Diana López Pinel regresou onte á noite á súa casa da Pobra, xusto o día no que apareceu o dispositivo. A mediodía puidemos vela saíndo da súa casa, segundo manifestou, cando se dirixía a falar coa Garda Civil. 

     

     

    Esta mañá a casa de verano dos Quer na Pobra do Caramiñal volvía ser foco de tódalas miradas mes e medio despois. Diana López Pinel, a nai da moza, regresaba onte ó concello pobrense acompañada da súa filla menor, Valeria. Á unha e cuarto deste mediodía a nai de Diana Quer saía da súa vivenda. Iso sí, facíao con moita presa e sen pararse a falar detidamente coa nube de medios que levaba toda a mañá facendo garda na súa casa. O que quixo desmentir, rotundamente foron as informacións que desde unha televisión esta mañá indicaban que Diana López Pinel frecuentou ó longo deste verán unha casa no entorno do peirado de Taragoña, acompañada dun amigo. Sobre este tema, tamén se pronunciou no mesmo medio Juan Carlos Quer, pai da moza, confirmando que non tiña coñecemento ningún sobre esa vivenda. Sobre o motivo concreto do nesperado regreso a Galicia, a nai da moza desaparecida non quixo entrar en detalles. Dixo que aqui tiña moitas cousas que facer aquí e que nese momento saía para reunirse de urxencia coa Garda Civil de Boiro e manifestarlle que nin ela  nin as súas fillas estiveran en Taragoña. Diana López Pinel, insistiu unha vez máis, que está convencida, e agora máis ca nunca, de que a súa filla maior, continúa viva.