Galicia arranca a vacinación da segunda dose contra a covid

GALICIA> A área sanitaria de Santiago e O Barbanza convértese na primeria de Galicia en inicia-la vacinación da segunda dose contra a covid. A protagonista volveu ser Nieves Cabo, usuaria dunha residencia de Santiago. Trátase da primeira galega en recibi-la dobre dose contra a covid.

Nieves Cabo presumiía hai tres semanas de se-la primeira galega en recibi-la súa dose da vacina de Pfizer. Agora, é a primeira galega en recibi-la segunda, converténdose así na primeira persoa de Galicia en recibi-la dobre dose.

Con ela comezou a segunda rolda de vacinación nas residencias da terceira idade. De novo, foi neste centro situado na área sanitaria de Santiago e O Barbanza, en concreto, na capital galega.  Aquí tanto usuarios como traballadores xa recibiron a súa segunda dose.

Na residencia, tanto usuarios como traballadores amósanse esperanzados coa efectividade da vacina, logo de meses moi duros.

E Nieves, a primeira galega en completa-la inmunización, aproveitaba para facer unha petición a todas aquelas persoas que non se queren vacinar.

A campaña da segunda dose continúa agora. Sanidade calcula que a finais deste mes todos os traballadores e usuarios de residencias da terceira idade estarán inmunizados.