Vilanova Centro reparte 500 euros en premios esta primavera

    vilanova_100.jpgVILANOVA> A Asociación de Comerciantes Vilanova Centro pon en marcha a súa campaña de primavera. Nesta nova edición de promoción do…

     {flowplayer}images/salnes/280409_comerciantes_vilanova_bo.flv{/flowplayer}

    … comercio local repartiranse 500 euros en premios, en 10 vales de compra de cadanseus 50 euros. Para participar só hai que mercar nos establecementos adheridos á Vilanova Centro deste Concello. Con cada compra repartiranse rifas para o próximo sorteo, que terá lugar o 5 de xuño.

    Esta dinámica de campañas estacionais será a que prevaleza de agora en diante, no canto das campañas exclusivas para unha data en concreto.

    Esta campaña conta co apoio do Concello de Vilanova que aporta as urnas e as papeletas da campaña; unha axuda importante á este sector nestes tempos de crise.

    Redacción Salnés