Novo despido improcedente na empresa Aguinchos

    aguinchos_100_240809.jpgSALNÉS> Sindicatos e traballadores denuncian a precariedade laboral que mantén a concesionaria da cafetería do Hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/240809_ccoo_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    Comisións Obreiras segue adiante coa súa campaña de denuncias en contra de Aguinchos, a empresa concesionaria do servizo de cafetería no Hospital do Salnés. Hai anos que veñen protestando pola rotación e precariedade que segundo eles sofren os traballadores desta empresa. E como exemplo, o último despido. Eduardo González levaba dez meses traballando para esta firma cun contrato indefinido cando foi despedido de xeito improcedente.

    Ademais de Eduardo González, outros dous traballadores eventuais de Aguinchos asinaron a baixa voluntaria. E é que segundo Eduardo, a presión á que están sometidos por parte da dirección da empresa é insostible.

    Varios compañeiros e membros de Comisións Obreiras manifestábanse ante as portas do Hospital esixindo a readmisión de Eduardo González. Pouco antes, os representantes sindicais mantiveron unha xuntanza co novo xerente do centro para informalo sobre o comportamento desta empresa en materia de dereitos laborais.

    Ademais de solicitar a readmisión deste traballador, Comisións Obreiras estudará cos seus servizos xurídicos a posibilidade de presentar unha demanda contra a empresa por despido nulo.

    Redacción Salnés