O BNG de Cambados denuncia irregularidades nas obras da Merced

    obrasparkingmerced_100_110506.jpgCAMBADOS > O pleno de Cambados debate mañá en pleno a aprobación inicial do estudo de viabilidade para construír un aparcamento soterrado na Merced. O grupo de goberno presentou hoxe á oposición o plan e desde o BNG xa se denuncian irregularidades.

    obrasparkingmerced_300_110506.jpgO BNG de Cambados asegura que a xestión urbanística do equipo de goberno cheira mal. O portavoz Xosé Ramón Durán advertiu hoxe que xa parece decidida a construcción dun aparcamento soterrado público municipal no antigo campo da Merced. Segundo sinalan os nacionalistas, a mesma empresa que constrúe unha urbanización na parte privada do terreo xa publicita o aparcamento. Durán di incluso que o mesmo estudo de viabilidade parece realizado pola empresa e non pola institución pública.

    Outra irregularidade da que advirte o BNG é que a constructora da urbanización está a retirar terra da parte do campo que ata agora pertence ó concello. Os nacionalistas non saben se conta con permiso municipal para isto. O BNG asegura que está a favor da construcción do aparcamento e do sistema de colaboración do concello coa empresa privada pero esixe que esta se faga por concesión, e garantindo a liberdade de concurrencia.

    Redacción Salnés