O PP defende a súa actuación no conflicto Alfageme

    O SALNES> O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ante a incapacidade de comunicarse directa…

    {flowplayer}images/salnes/reaccions_concurso_alfageme.flv{/flowplayer}

     … e tranquilamente co colectivo máis belixerante de extraballadoras de Alfageme, decidiu achegarse ata ós estudios desta casa de Canalriasbaixas para aclarar a decisión que o IGAPE adoptara horas antes sobre a empresa conserveira Alfageme.

     Segundo os técnicos do IGAPE ningunha das tres opcións presentadas cumpría os dous requisitos indispensables recollido no Diario Oficial de Galicia para que a Xunta condonase os 30 millóns de euros que investira nos avais da empresa; a de manter os 150 postos de emprego nas factorías de Vilaxoán e Ribadumia e a de manter a actividade da compañía durante os vindeiros 10 anos. Guerra fartouse de repetir unha e outra vez que o seu deber era garantir a legalidade neste proceso para evitar que ningunha empresa puidese especular co terreo ou aproveitar un baleiro legal para facerse ca marca ou cas instalacións e logo non manter os postos de emprego como así levaban anos reclamando as empregadas.

    O seu traballo era aguantar a presión e facer o correcto pero deu a entender estar xa farto de que se puxese tanto en tea de xuízo ou seu honor con fins partidistas. Asegura estar disposto a falar cas traballadoras nun clima de tranquilidade. Pola súa banda, os alcaldes do PP das Rías Baixas tamén responderon ás peticións de dimisión por parte da CIG pola falla de apoio a este caso Alfageme. Os rexedores de Cambados e Vilanova contestaron esta mañá asegurando; en primeiro termo, lamentar este revés.

    Con todo, aseguran que van a seguir traballando por conseguir que se manteñan o maior número de postos de emprego posibles e contraatacan, asegurando que foi o BNG o que xestión de xeito nefasto o caso da conserveira comprometendo o cuantioso aval de 30 millóns de euros por unha marca que non o valía nin daquela.

     Pola súa parte, o Grupo de Goberno de Ribadumia ven de emitir un comunicado no que defende o seu traballo e seguimento ó conflicto ó longo dos últimos anos para manter os postos de traballo. Lamentan o revés de onte pero confían nesta decisión dunha mesa na que non hai políticos e non na urxencia de ter que elixir a unha empresa a dedo.

    Redacción Salnés