Gadisa inaugura un novo supermercado en Cambados

    inauguracion_gadis_100_290409.jpgCAMBADOS> Con este son xa 193 os establecementos que posúe a firma galega entre Galicia e Castela e León.

    {flowplayer}images/salnes/290409_inauguracion_gadis.flv{/flowplayer}

    Máis de mil catrocentos metros cadrados de superficie nos que poder escoller entre nove mil produtos diferentes. Esta é a oferta que presenta o novo supermercado que Gadisa vén de inaugurar en Cambados. No seu primeiro día aberto ó público, foron moitos os que se achegaron ás instalacións para coñecer o novo centro comercial. O espazo organizouse en seccións diferenciadas para facilitar a compra ós clientes, dando prioridade ós produtos frescos.

    Segundo explicou o director de comunicación desta firma, José Luis Fernández, Gadisa dispón dun equipo humano que se encarga de seleccionar a materia prima en orixe para comprobar a súa calidade, uns alimentos elaborados por produtores de Galicia.

    Ademais de ampliar a oferta comercial de Cambados, a apertura deste novo supermercado permitiu crear novos postos de traballo no concello. Coa apertura deste supermercado Gadisa suma 27 establecementos na provincia de Pontevedra.

    Redacción Salnés